Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Las Palmas de Gran Canaria, 20 de setembro de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe no XVII Cumio COTEC Europa sobre soberanía tecnolóxica, que reuniu na illa de Gran Canaria a líderes empresariais, académicos e autoridades de España, Portugal e Italia. O encontro foi clausurado polo Rei Felipe VI e contou coa asistencia do presidente de Italia, Sergio Mattarella.
O Cumio trilateral constituíu un foro de debate sobre o papel da tecnoloxía na economía, na sociedade e no marco das políticas públicas de innovación dos tres países do Sur de Europa. A intelixencia artificial e as factorías de intelixencia artificial, a cuántica e as tecnoloxías duais foron algunhas das tecnoloxías recorrentes durante as diferentes sesións do foro, xunto con aspectos transversais como a importancia do talento, da atracción de investimento, a mellora da competitividade das empresas e a colaboración público-privada.
A Xunta de Galicia é membro do padroado da Fundación COTEC para a innovación, unha organización privada sen fin de lucro que ten como misión promover a innovación como motor de desenvolvemento económico e social.