Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2024.- Representantes da Xunta de Galicia e das universidades públicas galegas viaxou esta fin de semana a Suecia para participar nun seminario que organiza a Asociación de Científicos Españois en Suecia (ACES-SFFS) para conmemorar o 10º aniversario da súa fundación. Alí, a delegación galega presentou as oportunidades que ofrece a I+D+i galega ao persoal investigador e as estratexias e programas de captación, atracción e retención de talento.
Concretamente, participaron neste encontro María José Mariño, directora da área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación; Santiago Cernadas, técnico da Oficina de Captación de Persoal Investigador da Universidade da Coruña; Mª Dolores Sánchez, da área de Promoción e Estratexia Científica da Universidade de Santiago, e Ana Mosquera, técnica da Oficina de Proxectos Internacionais da Universidade de Vigo.
Esta viaxe forma parte dunha ampla campaña de difusión internacional das capacidades e oportunidades que ofrece Galicia ao persoal investigador. Impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o obxectivo é promover o retorno do persoal investigador galego no exterior e a atracción do talento científico internacional.
Desenvolver unha carreira científica en Galicia
Este esforzo de comunicación, concretado en diversas accións para dar a coñecer e posicionar a Galicia como un territorio para desenvolver una carreira científica de éxito, inclúe a presenza en encontros internacionais. Nestes eventos danse a coñecer iniciativas como o Programa Oportunius da Xunta, cuxo obxectivo é xerar, reter, retornar e atraer candidatos finalistas e gañadores das prestixiosas axudas do European Research Council (ERC), consideradas un indicador de excelencia científica.
No marco deste esforzo divulgador das capacidades científicas de Galicia, a Consellería de Ciencia colabora de maneira estable con distintas entidades, entre as que destaca RAICEX, a Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior, e as súas delegacións nacionais. A participación en encontros dirixidos á comunidade científica internacional ten permitido que ao redor de 1.500 investigadores de todo o mundo coñezan de primeira man a I+D+i galega e as súas oportunidades.
Ampla difusión no último ano
Así, desde setembro de 2023, representantes da Xunta e de diversas entidades galegas participaron en varios eventos científicos internacionais: Encontro anual CERFA (Berlín, setembro de 2023), Bridging European Science (Bruxelas, outubro de 2023), Conferencia da Presidencia da MSCA (Toledo, novembro 2023), I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, FIGaE (Bruxelas, marzo 2024), MCAA Annual Conference (Milán, marzo 2024), II Encontro da Asociación de Científicos Españois en Brasil, ACEBRA (en liña, xuño 2023) e XI Simposio Internacional de Científicos Españois en Reino Unido, SRUK/CERU (Londres, xuño 2023).
En outubro está previsto un encontro coas asociacións de científicos españois no Benelux (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) e a participación nas sesións informativas de Connects – UK.