A Xunta reforza a súa aposta pola biotecnoloxía impulsando novos proxectos innovadores
10/02/2013
- Manuel Varela Rey resalta que o apoio do Goberno galego permitiu o ano pasado a posta en marcha de proxectos innovadores de alto impacto no sector liderados por empresas galegas
- Lembra que, no marco das primeiras accións da Estratexia Estatal de Innovación (e2i) en Galicia, se activará un paquete de medidas para acelerar a creación e consolidación de novas empresas
A Consellería de Economía e Industria reforzará a súa aposta polo sector da biotecnoloxía impulsando durante este ano novos proxectos innovadores de alto impacto nesta industria. Así o destacou o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, quen lembrou que o ano pasado o Goberno galego apoiou, a través das distintas ferramentas de impulso á innovación, o desenvolvemento de tres importantes pr …


