Conde avoga pola cooperación para facer da lousa unha industria “á vangarda da innovación”
19/03/2013
- O conselleiro de Economía visita a empresa Cupa para coñecer de preto unha nova maquinaria, impulsada polo Goberno galego e o Centro Tecnolóxico da Lousa, que reflicte o compromiso da Xunta por reducir ao máximo as emisións de po de sílice e mellorar a competitividade do sector
- Salienta o esforzo das empresas de lousa nos ámbitos da innovación e a internacionalización como exemplo para outros sectores galegos
- Aposta por reforzar as ventas no exterior dunha industria que representa cada ano o 60% das exportacións nacionais, o 50% da lousa a nivel mundial
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento de proxectos de cooperación entre empresas e institucións que permitan posicionar ao sector da lousa ...


