Conde destaca á luguesa Innolact como referente de empresa nacida da innovación na universidade
25/03/2013
- A compañía participa nun proxecto do programa Innterconecta que destina 2,7 millóns de euros á produción de alimentos para un envellecemento saudable
- O conselleiro de Economía e Industria salienta que Innolact é un exemplo da estratexia da Xunta, que prioriza a transferencia de resultados da investigación á empresa
- Conde anima a participar na segunda convocatoria do Innterconecta, en cuxa primeira edición a provincia forma parte de iniciativas que mobilizan 10 millóns
O conselleiro de Economía e Industria, visitou hoxe en Castro de Rei as instalacións de Innolact, que destacou como referente de empresa nacida da innovación na universidade. Francisco Conde asegurou que a compañía, nacida en 2006 como unha spin off da Universidade de Santiago de Compostela, é un exemp …


