A Xunta facilita o acceso das empresas galegas a 42 millóns de financiamento europeo e estatal para proxectos innovadores
23/04/2013
- A Axencia Galega de Innovación e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial presentan novas axudas para o I+D do tecido empresarial galego
- As subvencións e préstamos están incluídos no Fondo Tecnolóxico Europeo, dotado con máis de 400 millóns de euros para Galicia e con vixencia ata finais deste ano
A Xunta reuniu hoxe a empresarios e técnicos da administración do Estado co fin de que as compañías galegas accedan a 42 millóns de euros en axudas á innovación procedentes de fondos europeos e estatais. As subvencións e préstamos proceden en boa medida do Fondo Tecnolóxico Europeo e son xestionadas polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI). Co obxecto de aproveitar ao máximo estes cartos, a Consellería de Economía e Industria, a través da …


