A nova dirección de GAIN establece contacto con diferentes axentes do ecosistema galego de I+D+i

2024-05-29
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, recibiu esta mañá ao xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) dependente da consellería de Sanidade e a representantes do Clúster TIC

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024.- A nova directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, continúa a rolda de contactos con distintos representantes do ecosistema galego de I+D+i para coñecer as súas necesidades e establecer posibles canles de colaboración futuras.

En concreto, esta mañá recibiu ao xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández-Campa, para establecer un primeiro contacto co ente encargado da formación, investigación e innovación do sistema sanitario galego. O encontro serviu para identificar sinerxias e establecer posibles liñas de colaboración futuras.

Así mesmo, Cotelo reuniuse con representantes do Clúster TIC de Galicia: o seu presidente, Antonio Rodríguez del Corral; o vicepresidente para pemes, Santiago Paz, e Josefina Fernández, en representación da vicepresidencia para grandes empresas. No transcurso da xuntanza, os representantes do sector TIC expuxeron a súa actividade e plans futuros e avaliáronse posibles vías de cooperación.