A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza na cidade de Vigo a xornada “GAIN INFORMA INSTRUMENTOS DE APOIO A EMPRESAS: UNHA VISIÓN PRÁCTICA” en colaboración con INEO e a CEP
09/07/2013
A Axencia Galega de Innovación organiza en colaboración con INEO e a CEP unha xornada sobre o novo marco de instrumentos de apoio ás empresas na que se tratarán as novas convocatorias de axudas da Axencia para este ano 2013.
Datos da xornada:
Lugar: Confederación de Empresarios de Pontevedra, Avda. García Barbón 104 – 36201 Vigo
Data: 18 de xullo
Programa:
09:30 – 09:50 Introdución ao novo mapa de instrumentos de apoio á empresa da Axencia Galega de Innovación
09:50 – 11:30 Presentación das novas convocatorias: visión práctica.
Representante da Axencia Galega de Innovación
A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características das novas convocatorias da Axencia GAIN de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará ...


