A Xunta salienta que o o "Conecta Pemes" persegue impulsar a innovación entre as pequenas e medianas empresas galegas
29/07/2013
- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinala que o novo programa, que mobilizará 25 millóns de euros, priorizará os proxectos levados a cabo en Lugo ao abeiro do “Impulsa”
- Con esta iniciativa apoiaranse proxectos de entre 600.000 euros e 1,5 millóns compartidos por entre tres e seis compañías e coa participación de polo menos un centro tecnolóxico ou de coñecemento
- As axudas poden supoñer entre o 50 e o 80% do total dos proxectos
- Entre as áreas estratéxicas que se considerarán especialmente están varias ligadas ao desenvolvemento empresarial lucense, como a alimentación, a agricultura ou a pesca
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, lembrou hoxe en Lugo que o programa “Conecta Pemes”, que será posto en marcha proximamente a tra …


