Rueda reivindica o liderado de Galicia como a comunidade referente en compra pública de innovación ao captar a metade dos proxectos de toda España
12/02/2025
- Asegura que isto é un reflexo do que significa “Galicia calidade” e de que a comunidade “é unha potencia tamén en ciencia e I+D”
- Galicia acada 45,6 M€ que permitirán poñer en marcha nove proxectos, dos que oito están liderados polo Goberno galego a través de catro consellerías
- Subliña o compromiso do Goberno autonómico coa innovación ao ampliar as áreas temáticas dos proxectos seleccionados, un dos obxectivos do novo Plan de I+D+i
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o liderado de Galicia como a comunidade referente en Compra Pública de Innovación ao lograr captar “case o 50% dos fondos” repartidos en toda España a través da liña de Fomento de Innovación desde a Demanda (Liña FID). ...


