A Xunta impulsa a captación de fondos de innovación nacionais e europeos polas pemes galegas cun novo programa de bonos dotado con 1,5 millóns
23/09/2013
- O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, salienta que este sistema de incentivos permitirá mellorar a competitividade do tecido empresarial na participación de programas de I+D+i
- As pequenas e medianas empresas poderán contratar axentes especializados previamente homologados pola GAIN para a preparación dos seus proxectos
- A atracción de financiamento por parte das pemes permitirá multiplicar o investimento levado a cabo pola Xunta no programa
- A iniciativa, que hoxe se publica no DOG, encádrase na aplicación da Estratexia Estatal de Innovación en Galicia (e2i), dotada con de 35 millóns de euros para actuacións estratéxicas no Sistema Galego de I+D+i
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, presentou hoxe en rolda de prens …


