A Xunta pon en contacto quince empresas punteiras do sector biotecnolóxico con oito fondos de investimento e capital risco
09/10/2013
- Tecnópole acolle o Bio Investor Day, unha lonxa de financiamento que busca poñer en contacto as boas ideas do talento galego cos fondos necesarios para abrir novas liñas de negocio ou abrir unha empresa
- O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, destaca que a biotecnoloxía será unha das tecnoloxías clave para a mellora da competitividade da industria galega na Estratexia de Especialización Intelixente, que marcará o investimento de boa parte dos fondos FEDER e FSE que Galicia reciba entre 2014 e 2020
- Destaca ademais a vocación innovadora das empresas ourensás, e sinala que 46 compañías da provincia solicitaron axudas para proxectos innovadores ao abeiro do programa Conecta Pemes
O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, destaco …


