27/09/2013
- Destaca o pulo innovador das empresas da zona, e avanza que cinco compañías acadaron financiamento do programa Innterconecta 2 para proxectos punteiros
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe, durante a clausura da entrega dos premios Dolmen de Ouro que promove a Federación de Empresarios do Barbanza, o papel dos gañadores dos galardóns como exemplo para a nova xeración de emprendedores galegos que crecerá ao abeiro da Lei do Emprendemento que se aprobará este ano. Conde subliñou o apoio que o Dolmen, e especialmente o Dolmen de Ouro, supón para un esforzo empresarial de moitos anos, e subliñou que a cerimonia “é unha data que se ten convertido dun acto, nunha tradición, e dunha tradición, nun símbolo”.
Neste senso, destacou ademais qu …