Conde: “A RIS 3 supón para Galicia unha oportunidade histórica na construción dunha política de innovación que sexa base do crecemento económico”
03/12/2013
- O conselleiro de Economía e Industria presenta ante o Parlamento a guía que orientará o investimento de boa parte dos fondos europeos ata 2020, mobilizando máis de 1.600 millóns de euros
- Destaca a participación na súa elaboración de máis de 240 axentes do Sistema Galego de Innovación, cuxas achegas son a base do documento
- Subliña que o aproveitamento innovador dos recursos autóctonos, a competitividade industrial, e as tecnoloxías que faciliten unha vida saudable serán os eixos do investimento durante os vindeiros sete anos
- Salienta que a RIS3 reforza a aposta da Xunta pola innovación, á que se dedicarán un de cada tres euros dos orzamentos da Consellería para 2014
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a Estratexia de Especial …


