A iniciativa "Big Ciencia" de Economía e Industria converterá mañá o concello de Ourense no taboleiro xigante dun concurso científico
19/12/2013
- A Praza Maior será este venres escenario desta actividade coa que se achega a innovación á cidadanía combinando o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato
- Tras celebrarse en Santiago e Lugo, esta iniciativa de divulgación visitará en vindeiros días Vigo e A Coruña retando os galegos e galegas a poñer a proba os seus coñecementos científicos
- Os interesados na espectacular tecnoloxía que se utilizará durante o xogo poderán coñecela de preto nun taller práctico que se celebrará no lugar con anterioridade ao concurso
Ourense será mañá escenario de Big Ciencia, un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación impulsado pola Consellería de Economía e Industria que este mes de decembro está a converter as fac …


