Conde destaca a activación de 12 programas de impulso empresarial que mobilizarán máis de 120 millóns para que “ningún proxecto viable quede sen executar”
16/01/2014
- As distintas liñas activadas polo Igape e a Axencia Galega de Innovación suman preto de 45 millóns de euros
- O obxectivo é mellorar a competitividade do tecido produtivo a través da innovación, a internacionalización e o emprendemento
- O conselleiro de Economía resalta “o esforzo técnico e administrativo” desenvolvido para que Galicia inicie o ano cun importante músculo financeiro a disposición das empresas
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe o importante “esforzo técnico e administrativo” que está a desenvolver o Goberno galego para que o tecido empresarial galego dispoña dun “importante músculo financeiro” que lles permita levar a cabo proxectos de crecemento e creación de emprego. Neste sentido, Conde, que estivo acom …


