A Xunta participa na celebración do Día da Ciencia en Galicia dedicado ao economista Manuel Colmeiro

2023-10-04

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, participaron hoxe en Santiago de Compostela no acto central do Día da Ciencia en Galicia, organizado pola Real Academia Galega das Ciencias e centrado na figura do economista Manuel Colmeiro.

Durante o acto, celebrado no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela, recoñeceuse coas Medallas de Investigación a cinco científicos galegos en activo das tres universidades galegas: Jesús Salgado, David Posada, Ricardo Cao, Aurora Grandal e Fernando Obelleiro.