Conde destaca a Finsa como referente innovador dunha industria con produtos de alto valor engadido que incrementou as súas exportacións un 10% en 2013
07/03/2014
- Salienta o seu labor como “empresa tractora” dun sector que ocupa posicións de liderado na produción nacional de madeira e nas súas exportacións
- O 30% das empresas galegas da madeira e do moble xa apostan pola innovación
- O Goberno galego seguirá acompañando ese esforzo de innovación e internacionalización co obxectivo de “poñer en valor entre todos a industria da madeira”
- A Xunta ten investido máis de 20 millóns de euros no impulso do sector nos últimos anos, mobilizando investimentos de case 60 millóns
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante unha visita ás instalacións de Finsa en Santiago de Compostela, o importante papel da empresa como referente dunha industria madeireira que “está sabendo mellorar a súa compe …


