Economía e Industria abre oportunidades para as empresas galegas no mercado canadense de materiais avanzados
14/05/2014
- O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, interveu nunha xornada organizada coa Embaixada de Canadá para expoñer vías de cooperación internacional en sectores como o da automoción e o da aeronáutica
- No encontro celebrado en Tecnópole a empresa ourensá Coasa expuxo a súa exitosa experiencia de colaboración coa canadense Bombardier
A Consellería de Economía e Industria, coa colaboración da Embaixada de Canadá, organizou hoxe no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en Ourense, unha xornada técnica sobre oportunidades de colaboración entre empresas galegas e canadenses no sector dos materiais compostos ou composites, unha familia de materiais sintéticos avanzados que se usan especialmente nos sectores da aeronáutica e da automoción.
Na ap …


