O Cesga e a Universidade de Pensilvania alíanse para acelerar o descubrimento de novos fármacos contra bacterias resistentes aos antibióticos
13/05/2025
- O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e o catedrático de Biotecnoloxía da institución norteamericana, César de la Fuente, visitan as instalacións do Cesga
- Este centro de supercomputación traballa coa universidade estadounidense para mellorar as capacidades das entidades en medicina e bioloxía, así como en tecnoloxías de computación e datos para a investigación en saúde e a bioinformática
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou co catedrático de Biotecnoloxía da Universidade de Pensilvania, o galego César de la Fuente, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) para firmar un convenio de colaboración entre a Xunta e esta institución académica est …


