05/05/2014
- O programa europeo Horizon 2020 conta con preto de 80.000 millóns de euros de orzamento para financiar proxectos de I+D+i
- Cada xornada estará centrada nun ámbito temático ou sector e terá un carácter práctico
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), está organizando un ciclo de xornadas de presentación das oportunidades de financiamento que ofrece Horizon 2020, o programa da Unión Europa dirixido a financiar a I+D+i no periodo 2014-2020 que conta cunha dotación orzamentaria de preto de 80.000 millóns de euros.
As oito xornadas, que comezarán o vindeiro 7 de maio e se estenderán até o outono, están dirixidas a todos os axentes do Sistema Galego de Innovación (empresas, centros tecnolóxico …