Conde defende a cooperación entre empresas, investigadores e Administración para acadar unha nova cultura da innovación
10/02/2014
- O conselleiro de Economía e Industria participa na presentación do documento “La innovación en España en 2020”, da Fundación Cotec, e resalta a vontade de Galicia de camiñar cara a un tecido empresarial que colabore para mellorar a súa competitividade
- Salienta a aposta das compañías da comarca de A Coruña pola innovación, levando a cabo 54 proxectos no marco do programa Innterconecta que están a mobilizar máis de 42 millóns de euros
- Destaca como oportunidade clave para Galicia a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), que guiará a mobilización de 1.660 millóns de euros en innovación ata o an 2020
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, defendeu hoxe a cooperación entre empresas, investigadores e administración como clave para acada …


