A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados
2023-05-30
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá no acto de presentación de resultados de oito proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 desenvolvidos pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia. Neste contexto, a directora de Gain agradeceu á comunidade científica o esforzo realizado desde o comezo da pandemia por atender a chamada urxente da Administración e atopar saídas fronte á covid-19.
En concreto, os proxectos presentados hoxe foron apoiados pola convocatoria de rescate de proxectos presentados ao Instituto de Salud Carlos III, pero que non obtiveron financiamento deste, e o programa Conecta Covid, dirixido a apoiar proxectos de I+D+i orientados á mellora da competitividade das pemes galegas e á súa transición dixital para contribuír á recuperación económica tras a pandemia. Conecta Covid foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19,
A Universidade de Santiago de Compostela traballou no desenvolvemento dunha vacina; de ferramentas para un diagnóstico temperán e terapia antiviral; nunha proba rápida para a detección precoz da covid; ou novos axentes antivirais para o tratamento da pandemia. En colaboración co sector produtivo, a USC investigou en sistemas de desinfección intelixente para o control da propagación aérea da covid-19; solucións diagnósticas e terapéuticas de segunda xeración; a detección rápida e automatizable do virus da covid baseada en PCR, nanotecnoloxía e microfluídica; ou o desenvolvemento de nanoterapias para a prevención e tratamento da covid-19.
A directora da Axencia apuntou que os proxectos acadaron os resultados agardados, permitiron avanzar no coñecemento da enfermidade e mesmo contribuíron a desenvolver tratamentos e terapias que poden ser de utilidade para abordar outras doenzas. Ademais, axudaron a avanzar na dixitalización das pemes galegas para facelas máis competitivas e resilientes tras a pandemia. O enfoque cara ás persoas e a transición dixital son precisamente dúas prioridades transversais da nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.