Economía e Industria destaca o papel da tecnoloxía láser para incrementar a competitividade da industria galega
22/09/2014
- O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, salienta na Semana Láser en Aimen que a Estratexia de Especialización Intelixente contempla esta tecnoloxía como parte dun novo modelo industrial máis eficiente e cun mellor comportamento ambiental
- Destaca que, grazas ao esforzo conxunto, Galicia conta co mellor Centro de Aplicacións Láser de España e un dos mellores de Europa
- Subliña o labor da Xunta no impulso á colaboración de centros de coñecemento e empresas para que estas tecnoloxías se incorporen ao tecido empresarial
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, salientou hoxe na inauguración da Semana Internacional Láser a importancia desta tecnoloxía para incrementar a competitividade da industria galega. Neste sentido, Varela, que lem …


