14/09/2014
- LifeKIC espera mobilizar, de forma conxunta, máis de 4.750 millóns de euros en proxectos de innovación
- A Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública e Innovación, foi a que liderou a participación galega nesta iniciativa
Galicia vén de presentar a súa candidatura á convocatoria sobre envellecemento activo e vida saudable do European Institute of Technology (EIT), organismo que fomenta o potencial de innovación de Europa no seu conxunto promovendo Comunidades de Coñecemento e Innovación (KICs). As KICs están formadas por destacados expertos en eidos como educación, investigación, emprendemento e industria para responder, de forma conxunta, aos grandes retos aos que se enfronta a sociedade europea.
Galicia formou parte dunha macropropos …