GAIN organiza un curso para a preparaciónde propostas ao Consello Europeo de Investigación (ERC)
27/11/2014
- Enmárcase no programa Oportunius da Xunta de Galicia para contribuír a que investigadores excelentes desenvolvan a súa actividade en Galicia
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía e Industria organiza o curso “Preparación de propostas 2015 para o Consello Europeo de Investigación (ERC)” que se celebrará o próximo 4 de decembro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela dende as 9:00 ata as 18:30 horas.
O obxectivo desta xornada, dirixida a persoal investigador de excelencia interesado en participar nas próximas convocatorias ERC do programa Horizon 2020 (H2020) da Comisión Eur?opea, é prestar apoio á preparación de propostas dentro deste programa: informando das posibilidades de financiamento para persoal inves …


