Economía e Industria mobiliza máis de 43 millóns en proxectos de innovación do sector agro-mar-alimentario
02/12/2014
- O macrosector concentra un peso moi importante na economía galega e é un dos piares da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia ata 2020
- A mellora no cultivo de especies acuícolas, o aproveitamento de subprodutos da industria pesqueira e a elaboración de alimentos funcionais con produtos galegos son algúns dos proxectos apoiados pola Xunta
- Estas iniciativas foron presentadas no foro sobre innovación organizado hoxe por Anfaco-Cecopesca en Vigo
A Consellería de Economía e Industria está a mobilizar máis de 43 millóns de euros a través de proxectos de innovación público-privados no sector agro-mar-alimentario. As máis dunha trintena de iniciativas que empresas e centros tecnolóxicos e de investigación galegos desenvolven, grazas a un investimento público …


