Economía e Industria converterá mañá a Catedral de Santiago no taboleiro xigante dun concurso científico
29/12/2014
- A Berenguela será a pantalla de Big Ciencia, unha innovadora actividade de divulgación que, tras o éxito colleitado o ano pasado en cinco cidades galegas, comeza unha segunda xira por Galicia cunha edición especial de Nadal
- A espectacular iniciativa combina o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato
- Familias e grupos de amigos poderán poñer a proba os seus coñecementos científicos na Praza de Praterías a partir das sete da tarde
Santiago, 29 de decembro de 2014.- A Catedral de Santiago de Compostela será mañá o taboleiro de xogos de Big Ciencia, o novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación impulsado pola Consellería de Economía e Industria que, tras o éxito colleitado o ano pasado en cinco cidades galegas, c …


