A Xunta avalía cos axentes da I+D+i galega os instrumentos de apoio postos en marcha e inicia a definición da nova convocatoria de misións
26/05/2025
- A Consellería de Ciencia celebra tres mesas de traballo con diferentes entidades no marco do proceso de avaliación intermedia da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025.- A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP celebrou hoxe varias mesas de traballo cos distintos axentes do ecosistema galego de I+D+i para avaliar a implementación da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 21-27 (RIS3), a folla de ruta da política de I+D+i, no ecuador do seu período de execución, así como os seus instrumentos e apoios. Así mesmo, a xornada serviu para iniciar a definición conxunta da convocatoria de Misións RIS3 do ano 2026, unha liña de axudas dirixida a apoiar proxectos colaborativos de I+D+i ...


