Feijóo avanza que neste mes de febreiro a Comisión Europea aprobará o Programa operativo Feder elaborado pola Xunta para 2014-2020, dotado con 900 millóns de euros
02/02/2015
- Precisa que as temáticas destes fondos responden á Estratexia de Especialización Intelixente, que aposta pola competitividade da pequena e mediana empresa, polo uso das tecnoloxías, polo incremento do presuposto de I+D+i nas empresas e por unha economía baixa en carbono, a través de plans de eficiencia enerxética
- “Recibimos polo tanto a aprobación ao modelo de crecemento económico de Galicia, a aprobación do Programa operativo Feder 2014-2020, e desbloqueamos así os primeiros 900 millóns do total de fondos europeos que ascenden a 4.000 millóns a investir no período 2014-2020”, explica
- Cualifica de “moi satisfactorias” as tres reunións mantidas hoxe en Bruxelas
Bruxelas, 2 de febreiro de 2015.- Logo de manter unha reunión coa comisaria de Política Rexional, C …


