Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Lugo, 4 de outubro de 2022 A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na Fundación CEL no evento de ingreso dos proxectos seleccionados na Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación impulsado pola Xunta no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. Serán 11 iniciativas as que participarán na súa cuarta edición, a que máis propostas recibiu, un total de 88.
Para o itinerario de incubación, orientado a empresas en fases iniciais dos seus proxectos, existen tres prazas; en aceleración, deseñado para empresas cun modelo máis evolucionado, son cinco as propostas desta cuarta edición; e, como gran novidade, implántase a fase de consolidación, pensada para empresas xa asentadas que queren ir un paso máis alá nos seus proxectos e na súa presenza nos mercados, na que haberá tres proxectos. En definitiva, englóbanse todas as fases do talento emprendedor, desde a súa concepción orixinal ata a execución efectiva das solucións desenvolvidas.
Das 11 propostas empresariais que protagonizarán esta nova edición do programa, un total de 8 corresponden a iniciativas de orixe galega. As outras 3 son de Cataluña, Navarra e Uruguai, feito que referenda o modelo autonómico en materia de internacionalización e de retención e captación de talento innovador no sector aeroespacial. Entre os seleccionados hai 3 empresas que xa teñen participado en edicións anteriores da BFAero e 4 constituirán novas iniciativas empresariais en Galicia.
En canto ás áreas temáticas nas que se encadran as distintas iniciativas empresariais escollidas, a categoría con maior presenza é a de Aplicacións, cun total de 6 proxectos, seguida de Plataformas con 3 e finalmente Equipos, con 2. Os 11 proxectos empresariais seleccionados empregan a un total de 57 persoas.
O itinerario de incubación é de 12 meses de duración, o de aceleración de 8 meses e o de consolidación de 4 meses. Estes 11 proxectos seleccionados accederán a un completo programa de formación con titores especializados no sector aeroespacial e disporán do apoio económico da Xunta de Galicia e da integración no ecosistema en torno ao Polo Aeroespacial de Galicia, ademais dun bono de 10.000€ para empregar servizos e infraestruturas nos que se inclúen horas de voo e apoio en certificacións do sector, entre outros.
A BFAero, en colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo, favoreceu nas súas tres primeiras edicións, a participación de 19 empresas, a creación de 8 start-ups e un investimento de 5M€. Coa cuarta e a quinta convocatoria, que contan cun investimento total de 7,2 M€, o obxectivo é apoiar un total de 25 empresas do sector.
Os 11 proxectos escollidos
Esta iniciativa da Xunta de Galicia para o sector aeroespacial enmárcase dentro da Rede galega de aceleradoras sectoriais de innovación e presenta aos 11 proxectos e empresas que protagonizarán a máis completa das edicións desenvolvidas ata o momento:
Itinerario de incubación
Itinerario de aceleración
Itinerario de consolidación