Conde destaca a calidade, a innovación e a loxística como claves da competitividade do sector da automoción galego
03/12/2014
- O conselleiro de Economía e Industria resalta que a fortaleza das empresas galegas pasa por “dous elementos complementarios e non excluíntes”, a diferenciación e o prezo, que permiten acadar uns altos estándares de calidade e produtividade
- Recoñece o esforzo colectivo da factoría de Balaídos e o polo automobilístico galego por mellorar, e avoga por seguir traballando xuntos na consecución do proxecto K9, clave para a comarca de Vigo e para o conxunto da economía galega
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no Parlamento galego a calidade, a innovación e a loxística como claves da competitividade do sector da automoción de Galicia e da súa industria de compoñentes. Unhas características que, segundo explicou, fan de Vigo e a súa co …


