A Xunta converterá mañá o Concello de Ferrol no taboleiro xigante dun concurso científico para todos os públicos
23/04/2015
- A fachada da Casa Consistorial será a pantalla de Big Ciencia, unha innovadora actividade de divulgación que esta primavera está a chegar a localidades das catro provincias
- A espectacular iniciativa combina o concepto clásico de xogo de preguntas e respostas coa proxección arquitectónica de gran formato
- Familias e grupos de amigos poderán poñer a proba os seus coñecementos científicos na Praza de Armas a partir das nove e media da noite
Santiago de Compostela, 23 de abril.- A fachada do Concello de Ferrol será mañá o taboleiro de xogo de Big Ciencia, o novidoso concurso para todos os públicos sobre ciencia e innovación impulsado pola Consellería de Economía e Industria. Tras o éxito colleitado na anterior edición en cinco cidades e no Nadal en Santiago, esta prima …


