Novas

CDTI e GAIN presentan a convocatoria FEDER-INNTERCONECTA 2015

08/05/2015

  • Este programa está dotado con 110 millóns de euros para subvencionar proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas de rexións destinatarias de fondos FEDER

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015.- O vindeiro 20 de maio a sede da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en Santiago de Compostela acollerá a presentación do programa Innterconecta 2015, a convocatoria do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) destinada a fomentar a cooperación interrexional en investigación e desenvolvemento.

O acto está organizado por CDTI e GAIN e está dirixido a todos os axentes do Sistema galego de innovación interesados en participar na convocatoria, en especial a empresas, que son as posibles solicitantes das axudas. Nel participarán representant …

O director da Axencia Galega de Innovación participa no acto de ingreso de Pedro Merino Gómez na Real Academia Galega

06/05/2015

O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, participou no acto de ingreso de Pedro Merino Gómez como académico numerario na Real Academia Galega de Ciencias. ...

Feijóo constata ante o presidente de PSA Peugeot Citroen a capacidade innovadora da automoción galega, que ve clave para optar ao desenvolvemento de novos proxectos

05/05/2015

  • Subliña que se están a crear as condicións necesarias para aumentar a competitividade da fábrica viguesa e manter o seu bo posicionamento no escenario internacional
  • Avanza que se están a dar pasos para reforzar a colaboración da Xunta co CTAG e con Citroën con novos proxectos no marco da Industria 4.0
  • Feijóo e Tavares coinciden en destacar o altísimo nivel do CTAG e a oportunidade de reforzar os seus estudos no ámbito da condución autónoma

O Porriño (Pontevedra), 5 de maio de 2015.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apoiou hoxe ante o o presidente de PSA Peugeot Citroën, Carlos Tavares, a vontade innovadora da automoción galega, e considerou que isto é clave para anticipar un bo posicionamento do sector no futuro.

Esta foi a principal mensax …

O Cesga incorpórase á Rede Española de Supercomputación

29/04/2015

  • O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, participou no primeiro Consello desta infraestrutura clave para o desenvolvemento científico e tecnolóxico que vén de ser ampliada con cinco novos nodos
  • Como membro desta rede, o Cesga manterá o seu recoñecemento como Instalación Científico Tecnolóxica Singular de España, unha vantaxe clave no acceso aos apoios do Ministerio para este tipo de grandes infraestruturas
  • Na reunión aprobouse tamén a suscripción dun convenio para incrementar a excelencia científica da Rede e a posta en marcha de proxectos conxuntos

Madrid, 29 de abril de 2015.- O director da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria e presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Manuel Varela, participou ...

Conde salienta o compromiso con Galicia de Delta Vigo que vén de anunciar unha nova planta na que investirá 26 millóns e que xerará preto de 70 postos de traballo en Vigo

27/04/2015

  • O conselleiro de Economía visita as instalacións da compañía viguesa, onde resalta que a súa aposta pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico fai dela un “referente na fabricación de bens de equipo, de liñas de montaxe, e de produtos dedicados ao sector aeronáutico”
  • Subliña que o investimento vai permitir que Galicia poida posicionarse claramente no sector aeronáutico, unha industria “moi exixente e que require de innovación e desenvolvemento tecnolóxico”
  • Pon á empresa como exemplo da “industria que queremos para Galicia” e na que se está a traballar coa Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0
  • Destaca que esta Axenda sentará as bases da modernización industrial de Galicia apostando, como Delta Vigo, polo equilibrio entre sectores trad …

Feijóo salienta a importancia de seguir profundando na investigación sanitaria para mellorar a calidade e a esperanza de vida das persoas con cancro

27/04/2015

Santiago, 27 de abril de 2015.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a importancia de seguir profundando na investigación sanitaria para mellorar a calidade e a esperanza de vida das persoas con cancro.

Durante o acto de entrega do IV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal, Feijóo gabou deste xeito o traballo do doutor Eduardo Díaz-Rubio e de todos aqueles investigadores que, como o premiado, se entregan a esta causa cun permanente espírito de superación. “A nosa admiración e agradecemento polo esforzo constante e pola determinación”, recoñeceu.

Durante a súa intervención, o responsable autonómico incidiu tamén na necesidade de apostar pola I+D+i, incorporándoa á planificación económica, como proba a Estrat …

Os chantadinos miden os seus coñecementos co concurso científico organizado por Economía e Industria

25/04/2015

  • A Casa do Concello da vila lucense foi hoxe o gran taboleiro de xogo de Big Ciencia, unha espectacular actividade de divulgación que combina o concepto clásico de concurso de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato
  • Esta foi a última parada da xira primaveral dunha iniciativa coa que a Axencia Galega de Innovación retou os galegos e galegas a medirse contra amigos, familiares e veciños tamén en Verín, Lalín e Ferrol

Chantada (Lugo), 25 de abril de 2015.- Numerosas persoas déronse cita hoxe ante o Concello de Chantada para poñer a proba os seus coñecementos científicos en Big Ciencia, un espectacular concurso popular que converteu a fachada do céntrico edificio nun xigantesco taboleiro de xogo.

O atractivo e innovador formato desta orixinal iniciativa …

O concurso científico de Economía e Industria congrega numerosos ferroláns para medir os seus coñecementos

24/04/2015

  • O edificio do Concello foi hoxe o gran taboleiro de xogo de Big Ciencia, unha espectacular actividade de divulgación que combina o concepto clásico de concurso de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato
  • Tras visitar a semana pasada Verín e Lalín, a xira promovida pola Axencia Galega de Innovación chega mañá á vila lucense de Chantada para seguir retando os galegos e galegas a medirse contra amigos, familiares e veciños

Ferrol, 24 de abril de 2015.- Numerosas persoas déronse cita hoxe ante o Concello de Ferrol para poñer a proba os seus coñecementos científicos en Big Ciencia, un espectacular concurso popular que converteu a fachada da Casa Consistorial nun xigantesco taboleiro de xogo.

O atractivo e innovador formato desta orixinal iniciativa de div …

O CIS Galicia contribúe ao deseño de buques máis seguros con experimentos de realidade virtual

23/04/2015

  • Mariños estonios realizan no centro situado en Ferrol probas do proxecto europeo Faros, financiado pola Comisión Europea
  • Nas recreacións represéntanse diferentes partes do buque para analizar o efecto de elementos específicos no comportamento humano
  • No proxecto participa un consorcio de 12 membros do ámbito da industria, a universidade e a investigación de 7 países europeos

Ferrol, 23 de abril de 2015.- As instalacións de realidade virtual do CIS Galicia acollen estes días experimentos do proxecto europeo Faros, que ten por obxectivo contribuír ao deseño de buques máis seguros tendo en conta o factor humano. Mariños da empresa Tallink Grupp Ass, de Tallin, Estonia, comezaron a realizar a fase de probas deste proxecto empregando as simulacións realizadas polo CIS para ...

A GAIN e o CDTI informan da inminente convocatoria dunha nova edición do Innterconecta para impulsar proxectos innovadores

23/04/2015

Santiago, 23 de abril de 2015.- O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, foi o encargado esta mañá de abrir a xornada sobre novidades no financiamento público á I+D+i impulsada por GAIN e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), na que se informou da inminente convocatoria da terceira edición do programa Innterconecta.

Neste sentido, o director de Promoción e Cooperación do CDTI, que depende do Ministerio de Economía e Competitividade, salientou que está previsto abrir a partir do 30 de abril a convocatoria deste programa estatal, que contará con 110 milóns de euros para impulsar proxectos innovadores en cooperación impulsados por consorcios de entre 2 e 6 empresas.

Do mesmo xeito, no encontro tamén se achegou información s …

1 161 162 163 164 166 167 168 169 199