A Xunta promove un encontro en Ferrol para dar resposta aos retos das empresas galegas no ámbito dos novos materiais
2023-09-28
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro en Madrid coa secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Raquel Yotti, á que trasladou a solvencia dos proxectos galegos para captar fondos europeos Next Generation. Entre outros asuntos, na xuntanza abordouse a asignación a Galicia de dous millóns de euros no Plan complementario de Biotecnoloxía aplicada á saúde, un sector que, tal e como remarcou Conde, é estratéxico para a Comunidade.
Galicia participa en catro Plans complementarios de I+D+i, programas de investigación en áreas estratéxicas, cofinanciados entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e as comunidades autónomas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A través destes plans, Galicia captou 26,5 millóns de euros de financiamento estatal, no ámbito das ciencias mariñas, a comunicación cuántica, a biodiversidade e a biotecnoloxía aplicada á saúde.
Ademais do sector biotecnolóxico e o seu posicionamento no Perte de Saúde de Vangarda anunciado polo Goberno, Conde tamén abordou coa secretaría xeral de Investigación o Polo Aeroespacial de Galicia e o Polo de Tecnoloxías Cuánticas, dúas das iniciativas coas que a Comunidade busca contribuír á transformación do tecido industrial contando con financiamento europeo.