Economía e Industria destaca a compra pública innovadora como chave para axudar ás empresas a desenvolver novos produtos de vangarda e comercializalos
02/07/2015
- O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, participou na inauguración dunha Xornada sobre CPI organizada polo Clúster TIC e o Colexio Profesional de Enxeñaría
- Defende as oportunidades que se abren para Galicia cos fondos reforzados do Estado para levar a cabo este tipo de contratos en Galicia ata 2020
- Salienta a aposta que o Goberno galego está a facer pola CPI en eidos como o polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, no que a Xunta investirá 45 millóns na compra de tecnoloxía a través deste método
Santiago, 2 de xullo de 2015.- O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, destacou hoxe a compra pública innovadora como unha técnica de contratación clave para axudar ás empresas galegas a desenvolver novos produtos d …


