Conde aposta pola cooperación como clave para impulsar a innovación e a diversificación do sector naval galego
16/07/2015
- Destaca que o compromiso innovador abrangue a estaleiros, auxiliares, centros tecnolóxicos e universidades, e está a ser apoiado pola Xunta coas Unidades Mixtas, o Innterconecta ou o Conecta Pemes, que suman 28 millóns en 22 proxectos
- Avoga por impulsar o naval 4.0 de cara a incorporar procesos de innovación e mellorar os de deseño, construción e automatización nas industrias do naval
- Salienta que a aposta innovadora potencia a capacidade xa instalada e o know-how do sector, facilitando a súa diversificación para impulsar proxectos en sectores como a eólica offshore ou desenvolver novos buques de alto valor engadido
Santiago, 16 de xullo de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avogou hoxe por potenciar a cooperación como clave para impulsar a in …


