Economía e Industria salienta a colaboración cos centros tecnolóxicos de ATIGA como panca para a captación de investimentos no marco do horizonte 2020
11/08/2015
- A Axencia Galega de Innovación e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia asinan un acordo que mellorará as posibilidades das compañías e centros de coñecemento galegos de obter fondos europeos
- O convenio impulsará ademais o emprendemento innovador asociado aos seis centros tecnolóxicos galegos, e reforzará a súa imaxe internacional apoiando a súa presenza en foros nacionais e internacionais
- Galicia ten como obxectivo captar 120 millóns de euros en fondos para innovación do H2020
Santiago, 11 de agosto de 2015.- O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, e o presidente da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), Juan Manuel Vieites, asinaron hoxe un acordo que incrementará as posibilidades de Galicia de obter fondos do prog …


