A Xunta felicita ao centro de investigación CiMUS da USC tras recibir a distinción estatal María de Maeztu
16/07/2025
- O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, asiste ao acto de entrega do prestixioso recoñecemento a este centro pertencente á Rede CIGUS
Santiago de Compostela, 16 de xullo do 2025.- A Xunta de Galicia felicita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela, que hoxe vén de recibir a distinción María de Maeztu en Zaragoza. O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, asistiu ao acto de entrega desta prestixiosa acreditación a este centro pertencente a Rede CIGUS de excelencia universitaria de Galicia.
Esta distinción “é mostra do gran traballo que realizan os investigadores do CiMUS coa súa directora, Mabel Loza, á fronte”, sinalou o representante da Conselle …


