Conde avanza un acordo de colaboración co Clúster TIC para impulsar tecnoloxías innovadoras e potenciar a industria 4.0 nas pemes galegas
21/09/2015
- Salienta que a alianza permitirá desenvolver, xunto a empresas e asociacións, un catálogo de tecnoloxías a implantar en sectores concretos da economía galega para a mellora da súa competitividade
- Destaca que este catálogo é o paso previo a unha futura liña de apoios que facilitará, no vindeiro exercicio, a aplicación destas tecnoloxías en pemes concretas
- Resalta o papel de empresas como Telecon Galicia, que produce tecnoloxías innovadoras, aplicando solucións tecnolóxicas ao tecido produtivo, fixando tecido industrial na comunidade e incrementando o peso exportador
A Coruña, 21 de setembro de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da empresa tecnolóxica Telecon Galicia, onde avanzou un novo a …


