Conde salienta o proxecto eHeart como exemplo da capacidade da innovación galega para salvar vidas a través das TIC
26/08/2015
- O conselleiro de Economía e Industria presenta unha iniciativa non intrusiva para a detección precoz da fibrilación auricular desenvolvida en Galicia por seis empresas, o centro tecnolóxico Gradiant, e a Fundación do Complexo Hospitalario da Coruña
- A iniciativa forma parte do programa Conecta Pemes, que ten permitido nos últimos anos unir a compañías, centros de coñecemento, fundacións e universidades en 60 proxectos
- Subliña que este “avance médico con selo galego” impulsará a competitividade das compañías e entidades participantes, e resalta o papel do sector TIC como clave para o avance da saúde en Galicia de cara a 2020
San Cibrao das Viñas (Ourense), 26 de agosto de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe ao proxecto e …


