Conde destaca que a Xunta pon en marcha co Conecta Peme 3 a aposta máis forte pola innovación empresarial desde o comezo da crise
12/11/2015
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria resalta que a nova convocatoria do programa de apoio á innovación nas pequenas e medianas empresas suma 25 millóns de apoios públicos para xerar 40 millóns de euros en investimentos
- Esta terceira edición busca a participación de 200 compañías xunto a centros tecnolóxicos e universidades galegas
- A convocatoria recolle 20 medidas de simplificación e abre a porta á innovación en procesos industriais cara á Industria 4.0
- As dúas primeiras edicións desta programa permitiron avanzar ao tecido empresarial en eidos como a loita contra o cancro, o tratamento de enfermidades cardiovasculares, ou a robótica submarina
Santiago, 12 de novembro de 2015.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou ho …


