Feijóo salienta que o vehículo autónomo deseñado polo Grupo PSA acredita o alto nivel do traballo que veñen desenvolvendo Galicia e o CTAG no eido da condución automatizada
23/11/2015
- Explica que este vehículo é resultado do traballo conxunto entre PSA e o CTAG, ao que lle correspondeu desenvolver as tecnoloxías de interacción entre o condutor e o automóbil, o chamado programa HMI
- Subliña o éxito desta colaboración, e sinala que PSA acertou ao confiar na tecnoloxía galega, porque Galicia preséntase como “un bo lugar para aproximarnos ao futuro da automoción”
- Asegura que, con proxectos coma este, a industria da automoción amosa cada día que a innovación é a grande aliada da seguridade viaria
A Cañiza (Pontevedra), 23 de novembro de 2015.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que o vehículo autónomo deseñado por PSA Peugeot Citroën acredita o alto nivel do traballo que veñen desenvolvendo Galicia e o Centro …


