A Xunta abre o prazo de solicitudes do Conecta-Peme para mobilizar 40 millóns en proxectos de innovación empresarial
22/12/2015
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria deste programa ao que se poden presentar propostas ata o vindeiro 22 de xaneiro
- As dúas primeiras edicións xa están a xerar investimentos por 46 millóns en 72 proxectos de cooperación que crearon 500 postos de traballo
- Esta edición trae novidades como o apoio a proxectos de innovación en organización e mellora de procesos e a simplificación dos trámites e o aliñamento coa RIS3 e a Axenda Industria 4.0
- Os proxectos presentados deberán ter por obxectivo xerar tecnoloxías novidosas pero tamén acreditar unha perspectiva de alto impacto económico para contribuír á competitividade e ao crecemento da economía galega
Santiago, 22 de decembro de 2015.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hox …


