Novas

Economía, Emprego e Industria amplía o prazo de solicitude do programa Conecta Peme ata o 9 de febreiro

20/01/2016

  • As empresas galegas contarán con 15 días hábiles adicionais para presentar os seus proxectos ao programa específico da Xunta de apoio á innovación dirixido a pemes
  • Esta terceira edición do programa mobilizará máis de 40 millóns de euros a través de máis de 50 proxectos de innovación de alto impacto liderados por cerca de 200 pequenas e medianas empresas galegas

Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- As pequenas e medianas empresas galegas contarán con 15 días hábiles adicionais para presentar as súas solicitudes ao Conecta Peme 3. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de ampliar ata o 9 de febreiro o prazo de aceptación de proxectos no marco do seu programa específico de apoio á innovación dirixido ás pemes.

Esta terceira edición do Conecta Peme mobi …

Conde convida aos empresarios lucenses a aproveitar as novas ferramentas para dinamizar a economía da provincia

20/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nunha xornada na CEL centrada nos programas de axudas abertos neste comezo de ano pola Consellería, que suman 185 millóns de euros
  • Destaca que estes apoios se engaden en Lugo a iniciativas como ViaLugo e Agrobiotech, e o polo tecnolóxico de avións non tripulados que terá o seu centro neurálxico en Rozas, que permitirán
  • Salienta o emprendemento no rural, os sectores biotecnolóxico e agroalimentario, o lácteo e a transformación da biomasa como ámbitos estratéxicos para o desenvolvemento de proxectos na provincia
  • Salienta que o Igape ten en marcha convocatorias por 22 millóns de euros para apoiar os investimentos empresariais
  • Subliña tamén que se veñen de activar apoios por 5,6 millóns para continuar reforza …

Conde salienta a aposta de Maderas Besteiro pola innovación como vía para fixar tecido industrial no interior de Galicia

19/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a empresa familiar lucense, fundada en 1930 e que suma 75 traballadores
  • Co apoio da Xunta, a compañía implantou un almacén intelixente capaz de ler un plano e fabricar e reunir as pezas por si mesmo, así como unha máquina única en España destinada a facer madeira estrutural
  • Destaca que é unha das empresas máis activas nas iniciativas innovadoras públicas, mellorando “a súa competitividade vinculada á Industria 4.0”
  • Salienta a valentía da empresa para, co respaldo do programa Primex da Xunta, lanzarse aos mercados internacionais, comezando por vender cociñas e armarios en Panamá

Lugo, 19 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou ho …

Economía, Emprego e Industria subliña o papel clave das TIC no camiño cara a fábrica intelixente

14/01/2016

  • Destaca a capacidade de Galicia para desenvolver e comercializar tecnoloxías facilitadoras en eidos como o Big Data ou os drones de mantemento
  • A Xunta está a potenciar a colaboración público-privada a través de modelos como o das Unidades Mixtas de Innovación, que están a mobilizar 70 millóns e crear 270 empregos en sectores estratéxicos para Galicia
  • A Consellería ten aberta unha nova convocatoria do Conecta-Peme, que incorpora entre as súas novidades o apoio a proxectos de innovación en organización e mellora de procesos en aliñamento coa Axenda Industria 4.0

Santiago, 14 de xaneiro de 2016.- O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, participou hoxe na inauguración das xornadas Industria Conectada 4.0: tecnoloxías dixitais con impacto na indust …

Raquel Arias presenta os programas activados por Economía para impulsar a competitividade empresarial e reforzar a creación de postos de traballo

14/01/2016

  • A delegada territorial informou das liñas de axudas que veñen de abrirse para apoiar proxectos de innovación, internacionalización e novos investimentos
  • Explicou que se están a convocar xuntanzas con empresarios e emprendedores de Lugo para explicarlles directamente as posibilidades que abren as distintas liñas de axuda

Lugo, 14 de xaneiro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria adicará preto de 200 millóns de euros a programas de actuación para impulsar a dinamización económica e do mercado de traballo, tal e como deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa a delegada territorial, Raquel Arias.

“En concreto”, explicou a delegada da Xunta, “dos 46 programas activados pola consellería, 23 propician directamente a cr …

Conde salienta aos galardoados na primeira edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía como “pontes entre as ideas e os empregos”

13/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na entrega das distincións, outorgadas pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Axencia Galega de Innovación
  • Recoñecidas unha terapia para atallar as secuelas do ictus elaborada por membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, e un sistema de diagnóstico temperán de enfermidades neurodexenerativas da empresa coruñesa Qubiotech
  • Salienta a Galicia como unha rexión “cunha verdadeira cultura innovadora”, manténdose entre as Comunidades Autónomas cuxas empresas máis invisten en innovación tecnolóxica, cun crecemento próximo ao 6%

Santiago, 13 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, salientou hoxe aos galardoados na primeira edición dos Premios á T …

Conde destaca a aposta do grupo Docampo por investir en innovación para competir e fixar o tecido industrial no rural

13/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Forcarei a empresa Docampo, un grupo que xera preto de 300 postos de traballo na comarca de Tabeirós-Terra de Montes
  • O titular de Economía resaltou o apoio da Xunta para a Industria 4.0 destacando que unha empresa tradicional pódese converter nun proxecto industrial apostando pola innovación tecnolóxica e o talento humano
  • A Xunta vén de incrementar o orzamento para as políticas de innovación un 7,5%

Forcarei (Pontevedra), 13 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Forcarei o grupo do Docampo, que está a xerar na comarca de Tabeirós-Terra de Montes preto de 300 postos de traballo. Trátase dun grupo empresarial que naceu hai preto ...

Elena Ojea, a primeira investigadora galega en obter unha bolsa do Consello Europeo de Investigación, volve a Galicia grazas ao programa Oportunius

11/01/2016

  • O presidente da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, mantivo un encontro coa científica de Nigrán e con outros dous investigadores galardoados con apoios ERC, o físico de partículas Diego Martínez e o químico molecular Javier Montenegro
  • Ojea, especialista en cambio climático, traballaba ata agora no País Vasco e se incorporará á Universidade de Vigo
  • A investigadora vén de acceder á prestixiosa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación e o seu proxecto mobilizará 1,5 millóns de euros no próximo lustro, impulsando a creación de emprego cualificado
  • É a segunda fichaxe galega no marco do programa Oportunius, tras a incorporación de Diego Martínez
  • O Goberno galego aspira a facer extensible esta aposta pola atracción de t …

A Xunta abre o prazo de solicitudes do Conecta-Peme para mobilizar 40 millóns en proxectos de innovación empresarial

22/12/2015

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria deste programa ao que se poden presentar propostas ata o vindeiro 22 de xaneiro
  • As dúas primeiras edicións xa están a xerar investimentos por 46 millóns en 72 proxectos de cooperación que crearon 500 postos de traballo
  • Esta edición trae novidades como o apoio a proxectos de innovación en organización e mellora de procesos e a simplificación dos trámites e o aliñamento coa RIS3 e a Axenda Industria 4.0
  • Os proxectos presentados deberán ter por obxectivo xerar tecnoloxías novidosas pero tamén acreditar unha perspectiva de alto impacto económico para contribuír á competitividade e ao crecemento da economía galega

Santiago, 22 de decembro de 2015.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hox …

Conde salienta que o 94% dos fondos da estratexia de especialización intelixente se están a destinar á innovación das pemes

17/12/2015

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou no primeiro foro de seguimento da RIS3, que reuniu aos axentes do Sistema Galego de Innovación para definir os indicadores que rexerán a avaliación do ritmo de execución da estratexia ata 2020
  • A iniciativa xerará investimentos de 250 millóns de euros en 2016 a partir de proxectos como o polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, no que Airbus, Boeing, Indra e Inaer están competindo para ser socios da Xunta
  • Preto de dous terzos dos fondos investidos en iniciativas innovadoras no marco da RIS3 se dedicaron a modernizar a industria galega

Santiago, 17 de decembro de 2015.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que o 94% dos fondos mobilizados no marco da Estratexi …

1 149 150 151 152 154 155 156 157 199