Novas

Economía, Emprego e Industria sitúa a eficiencia enerxética como prioridade de innovación para o futuro sostible de Galicia

28/01/2016

  • O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, destacou na clausura das V Xornadas de Enxeñería, Enerxía e Industria a capacidade para xerar solucións das unidades mixtas de investigación e das iniciativas de compra pública innovadora
  • A obtención de enerxías limpas a partir dos recursos naturais é unha das prioridades establecidas na RIS3 de Galicia

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- A eficiencia enerxética é un dos principais retos de futuro das sociedades desenvolvidas e as solucións para darlle resposta deben partir da innovación. Así o sinalou hoxe o director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, que enmarcou nesta prioridade a colaboración continuada do seu departamento co Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Segundo destacou, est …

Conde avoga por reforzar a cooperación co tecido empresarial vigués para seguir a impulsar a recuperación e a creación de emprego

27/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nun encontro con empresarios no Consorcio da Zona Franca de Vigo aos que lles trasladou que o seu departamento ten activado nestes momentos distintas liñas que suman 185 millóns
  • Destaca a aposta polo financiamento e a modernización industrial, con 22 millóns para facilitar ás pemes novas iniciativas que prioricen o emprego, promover a creación de empresas por parte dos emprendedores, e avanzar no camiño cara a Industria 4.0
  • Avoga por seguir a cooperar no impulso á innovación, obxectivo para o que se ten activado unha nova convocatoria do Conecta Pemes, un programa do que se teñen beneficiado xa a un centenar de compañías na provincia
  • Salienta o compromiso coa internacionalización da comarca de Vigo, contando ag …

O presidente da Xunta considera un bo sinal o repunte na contratación rexistrado no sector naval galego, que abrangue o 23% do total de pedidos que afronta esta industria en España

27/01/2016

  • Salienta que, segundo datos do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo correspondentes ao terceiro trimestre de 2015, a carteira de pedidos en vigor dos estaleiros galegos suma 13 buques dun total de 56 contratos rexistrados en España
  • Destaca que no referente á carga de traballo, o Índice de Actividade Ponderada en Galicia nos primeiros nove meses de 2015 supón un 32% do total de España
  • Apunta que a carga de traballo coa que conta o conxunto dos estaleiros galegos, ben sexa en carteira ou en estadios finais de negociación, suma preto de 2.000 millóns de euros
  • Considera que o naval comeza a traducir en emprego e carga de traballo o seu esforzo por innovar e tratar de ser máis competitivo nos mercados internacionais
  • Sinala que a Xunta leva mobilizado en apoios á innova …

Conde avalía cos empresarios do Carballiño medidas e apoios para impulsar a competitividade e a creación de emprego

26/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nunha xornada na que lles trasladou as principais actuacións da Consellería, que ten activados programas de axudas que suman 185 millóns
  • Subliña que máis da metade destes apoios están destinados á creación de emprego, incentivando a contratación, impulsando a formación e potenciando o emprendemento
  • Lembra que o Igape vén de activar apoios por 22 millóns de euros para investimentos empresariais e proxectos de Industria 4.0
  • Destaca as axudas por 9,5 millóns para avanzar na internacionalización que permitirán seguir mellorando os bos resultados das exportacións galegas
  • O sector comercial ten á súa disposición convocatorias por 5,7 millóns en eidos como o smart commerce e o comercio en liña, a modernizaci …

Conde avalía cos empresarios coruñeses os novos apoios e ferramentas que permitirán dinamizar a economía da provincia

26/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nunha xornada na que escoitou as propostas dos participantes e lles trasladou as principais actuacións da Consellería, que ten activados preto do 70% dos programas de axudas para este ano, con convocatorias abertas que suman 185 millóns
  • Subliña que máis da metade destas axudas están destinadas á creación de emprego, incentivando a contratación, impulsando a formación e potenciando o emprendemento
  • Destaca as axudas por 9,5 millóns para avanzar na internacionalización que permitirán seguir avanzando nos bos resultados das exportacións da provincia, que se incrementaron un 7%, por riba da media galega e estatal
  • Lembra que o Igape vén de activar apoios por 22 millóns de euros para investimentos empresariais e pr …

Feijóo subliña que a unidade mixta de investigación en oncoloxía de precisión de Santiago é a primeira deste tipo en España

25/01/2016

  • Lembra que, grazas á cooperación do sector empresarial coa administración, lográronse poñer en marcha xa 19 unidades mixtas de investigación en apenas un ano en Galicia, consolidándose así un modelo de éxito que xerou 70 millóns de euros en inversións e 270 postos de traballo
  • Sinala que a mellora no diagnóstico, o tratamento, a avaliación e a monitorización do cancro de mama e próstata é un obxectivo que hoxe está máis preto coa nova unidade mixta, froito da colaboración entre a Fundación Ramón Domínguez, o Grupo de Oncoloxía do CHUS e a farmacéutica Roche Pharma
  • Avanza que nos vindeiros meses a Xunta convocará unha nova edición de axudas para o desenvolvemento de unidades mixtas, co obxectivo de mobilizar máis de 16 millóns de euros

Santiago, 25 de xanei …

Os emprendedores de ViaGalicia presentan en Porto do Molle as iniciativas que compiten para incorporarse á aceleradora de empresas

23/01/2016

  • Os impulsores dos 20 proxectos seleccionados na sede de Vigo expuxeron hoxe as súas propostas diante do comité técnico que seleccionará aos que accederán á fase de aceleración, que poderán contar con financiamento de ata 125.000 euros
  • O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, lembra entre as ferramentas para impulsar o emprendemento os fondos Galicia Iniciativas Emprendedoras, XesInnova e I2C, que se suman á convocatoria aberta do programa Galicia Emprende, dotado con 3,7 millóns de euros
  • A maioría das iniciativas seleccionadas están centrados nas TIC ou parten das novas tecnoloxías da información para desenvolver produtos ou servizos en ámbitos como a saúde ou a alimentación

Nigrán (Pontevedra), 23 de xaneiro de 2016.- O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, des …

Os emprendedores de VíaLugo presentan as 20 iniciativas que compiten para incorporarse á aceleradora de empresas

22/01/2016

  • O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, participou na exposición dos proxectos ante o comité técnico que seleccionará os que accederán a fase de aceleración, que poderán contar con 125.000 euros en financiamento
  • As propostas dadas a coñecer hoxe céntranse en sectores como as TIC, o agroalimentario, o aeronáutico, o da saúde, os servizos ou a xestión de residuos
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha a convocatoria do Galicia Emprende, con axudas por 3,7 millóns de euros

Lugo, 22 de xaneiro de 2016.- Os emprendedores seleccionados en Lugo ao abeiro do programa ViaGalicia, impulsado conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio Zona Franca, presentaron hoxe ante o comité técnico os 20 proxectos que compiten par …

Conde avalía cos empresarios de Ferrolterra medidas e apoios para continuar a impulsar a competitividade e a creación de emprego de calidade

20/01/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nunha xornada no CIS Galicia na que escoitou as propostas dos participantes e lles trasladou as principais actuacións da Consellería, que ten activados preto do 70% dos programas de axudas para este ano, con convocatorias abertas que suman 185 millóns
  • Salienta que o Igape ten en marcha convocatorias por 22 millóns de euros para apoiar os investimentos empresariais
  • Subliña a oportunidade que supón para a innovación nas pequenas e medianas empresas da comarca o Conecta Peme, que suma 25 millóns de euros
  • A aposta polas enerxías renovables e a biomasa suman 9,7 millóns de euros e destínanse 9,5 millóns de euros a promover a eficiencia enerxética en industria e servizos
  • Resalta que na área de Emprego están activ …

Feijóo avoga por seguir explorando nas posibilidades que ofrece a industria eólica mariña para garantir máis carga de traballo aos estaleiros de Navantia Fene

20/01/2016

  • Precisa que se trata do segundo contrato en menos dun ano que Navantia Fene consegue no eido da eólica mariña —neste caso para a empresa enerxética noruega Statoil—, despois de que en decembro de 2014 lle fose encargada a construción de 29 jackets para o parque eólico mariño que Iberdrola promove en Alemaña (Wikinger), no Mar do Norte
  • Salienta que estas adxudicacións son unha demostración de que Navantia Fene se está posicionando como un “socio de referencia” no mercado eólico offshore. Despois de case dez anos sen carga de traballo é grazas á industria eólica mariña que este estaleiro volve estar operativo, di
  • Subliña que Galicia ten un importante camiño andado que supuxo pasar da inactividade á recuperación de carga de traballo para o sector na ría de Fe …
1 148 149 150 151 153 154 155 156 199