O polo tecnolóxico e industrial de Rozas recibe o premio estatal á mellor iniciativa pública innovadora
03/03/2016
- A fórmula pioneira da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover as solucións innovadoras na prestación de servizos públicos impúxose nos premios do Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos sobre as outras candidaturas chegadas de toda España
- O recoñecemento da iniciativa para desenvolver un polo tecnolóxico de avións non tripulados a partir da optimización dun amplo catálogo de servizos públicos chega días despois da selección dos socios industriais
- O director da Axencia Galega de Innovación recolleu hoxe o galardón en Madrid lembrando o compromiso a longo prazo da Xunta coa compra pública innovadora en diferentes ámbitos a través da RIS3
Madrid, 3 de marzo de 2016.- A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), vén d …


