O equipo da área de talento e transferencia da Axencia Galega de Innovación intégrase nas instalacións do CIFP Ferrolterra para fomentar a I+D+i
17/07/2025
- A directora xeral de FP e a directora da Axencia Galega de Innovación poñen en valor esta colaboración en innovación e emprendemento no tecido empresarial da comarca
Ferrol, 17 de xullo de 2025.- A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro Integrado de FP Ferrolterra para coñecer as novas instalacións da Axencia Galega de Innovación. Seis persoas da área de talento e transferencia deste departamento desenvolverán desde alí tarefas vencelladas coa captación e retención de talento investigador, a transferencia de coñecemento e o posicionamento internacional do ecosistema galego de I+D+i.
A directora da Axencia apuntou que a “presenza deste equipo en Ferrolterra contribui …


