Novas

Conde salienta que o novo índice Innobench permitirá “radiografiar a posición innovadora das empresas galegas” e deseñar con máis eficacia as políticas públicas de apoio á I+D+i

01/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria presenta xunto á delegada da Zona Franca o novo índice sintético desenvolvido pola Xunta, Zona Franca e a Universidade de Vigo
  • O indicador, cunha escala de 1 a 1.000 puntos e dunha a cinco estrelas, xa analizou a situación de preto de 500 empresas, e durante os vindeiros meses se estenderá a outras compañías ata acadar os 6.500 estudos
  • As empresas poderán acceder na web www.zfv.es/innobench a un informe que determinará tanto o seu grao de innovación como as posibles melloras a levar a cabo, e as axudas públicas ás que pode optar para implementalas
  • Resalta que os resultados obtidos permitirán personalizar os futuros programas de apoio á innovación nas empresas, de forma que respondan con maior precisión ás necesidades ...

A Xunta salienta o potencial que terán a curto prazo en Galicia as múltiples aplicacións públicas dos avións non tripulados

31/03/2016

  • O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, destaca nunha xornada na sede da USC en Lugo a “oportunidade que se abre para investigadores e empresas galegas, que poden poñerse á vangarda na tecnoloxía civil” neste sector
  • Subliña a “aposta estratéxica da Xunta a longo prazo”, poñendo a Rozas no mapa mundial dos avións non tripulados co polo industrial e tecnolóxico no que se investirán 115 millóns xunto con Indra e Inaer
  • Resalta que este mesmo ano os socios da Xunta empezarán a desenvolver as súas investigacións en Galicia, comezando a contratar con empresas e centros de coñecemento galegos encargos por valor de 42 millóns

Lugo, 31 de marzo de 2016.- O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, salientou hoxe o potencial que …

A Xunta creará a figura do persoal investigador e incluiráa no catálogo de postos de traballo para favorecer a retención de talento en Galicia

27/03/2016

  • Galicia vai ser pioneira en regular a contratación deste persoal e darlle un carácter común en toda a Administración galega
  • Os investigadores poderán ser contratados por entes públicos da Xunta vinculado á innovación e a saúde
  • Haberá tres tipos de contratos, e o persoal contratado será obxecto dunha avaliación do seu traballo
  • Nos últimos dous anos, a Xunta contratou 111 persoas vinculadas a proxectos de investigación

Santiago, 27 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia vai crear por primeira vez a figura do persoal investigador e incluiraa no catálogo de postos de traballo da Administración autonómica, co obxectivo de favorecer a retención do talento científico na Comunidade. Así, Galicia será pioneira en regular a contratación en réxime laboral do persoal inv …

A Xunta anima ás pemes a propoñer retos de supercomputación aplicada á Industria 4.0 para gañar competitividade

18/03/2016

  • O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, participou en Ferrol na sesión informativa sobre o proxecto europeo Fortissimo 2
  • Esta iniciativa abre novas oportunidades para que as empresas definan plans industriais que cubran necesidades reais para desenvolver solucións que melloren o seu posicionamento no mercado global
  • O Centro de Supercomputación de Galicia, nodo español do proxecto, participou en varios experimentos da anterior edición, xunto coa USC, Aimen e varias pemes galegas
  • Nesta nova edición, os Centros de Innovación e Servizos (CIS) participan de forma activa na definición de experimentos de computación para pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e sectores tradicionais como o madeireiro
  • O director da Axencia Galega de Innovación lembrou qu …

Conde salienta a innovación e a formación dos traballadores como piares para consolidar a recuperación do naval galego

17/03/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na asemblea anual de Aclunaga, chamada a ser “un dos grandes protagonistas da nova economía galega, tanto pola súa revitalizada carga de traballo, como pola súa progresiva diversificación” cara aos sectores emerxentes
  • Resalta que estaleiros e industria auxiliar suman 2.000 millóns en contratos, despois de que os encargos medrasen un 50% en só un ano
  • Destaca o aliñamento de todo o sector no impulso ao Naval 4.0, a través de ferramentas como o Concurso de Ideas Industria 4.0 ou o convenio que suma os esforzos de axentes como a propia Aclunaga, a Xunta ou Aimen
  • Subliña a posta en marcha de iniciativas no marco da Axenda de Emprego para impulsar a adaptación dos traballadores do naval á revolución tecnolóxica
...

Feijóo avanza que a Xunta, PSA Peugeot-Citroën e Ceaga porán en marcha unha aceleradora de innovación no sector da automoción, pioneira en España e con vocación internacional

16/03/2016

  • Precisa que o obxectivo é impulsar a incorporación de empresas innovadoras á industria do motor para canalizar proxectos de I+D+i que poidan xurdir desas mesmas empresas ou dos Centros Tecnolóxicos e Universidades
  • Avanza que, xunto a Citröen, Ceaga, Zona Franca e Xunta, o proxecto contará tamén coa participación de centros tecnolóxicos como Gradiant, Aimen, o Clúster TIC e o CTAG
  • Subliña que esta iniciativa —cuxa sede estará en Balaídos— nace cunha achega conxunta de 4 millóns de euros para a súa primeira edición, co fin de captar un total de 10 proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento
  • Incide na vocación internacional do proxecto, co obxectivo de atraer a Galicia proxectos do Polo Ibérico que impulsen a automoción galega
  • Afirma que contar …

Conde sinala a Hispamoldes como mostra da alta competitividade que permite ás empresas galegas avanzar en mercados exteriores

15/03/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visitou as instalacións en San Cibrao das Viñas desta compañía que exporta o 70% da súa facturación a países como México, Austria, Alemaña, Francia ou Irán
  • Hispamoldes é provedora dos principais fabricantes da automoción, un sector que lidera a implantación en Galicia da fábrica intelixente pola que a Xunta aposta a través da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0
  • Destaca a aposta pola innovación da firma, que ten contado coa colaboración da Consellería a través do programa Innterconecta

San Cibrao das Viñas (Ourense), 15 de marzo de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou esta tarde na súa visita ás instalacións de Hispamoldes en San Cibrao das Viñas que esta …

Conde salienta aos galardoados cos Premios Semente de Monforte como exemplo da “Galicia das ideas”

12/03/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na entrega dos recoñecementos, e resalta que a aceleradora de emprendemento da vila, que a Xunta creará da man da Escola de Organización Industrial, se porá en marcha no verán
  • Destaca o impulso que está a experimentar a creación de empresas na provincia, sumando en febreiro un 20% máis de compañías creadas que no mesmo mes de 2015
  • Resalta que o esforzo solidario de Semente de Monforte xa está a dar os seus primeiros froitos, con compañías que pronto entrarán no mercado, como E-Monte

Monforte, 12 de marzo de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na entrega da segunda edición dos premios Semente de Monforte, e salientou aos galardoados como exemplo da “Galicia …

A Xunta salienta a aposta de Miramar Cruises pola innovación e a aplicación das TIC no turismo de cruceiros desde Lugo

11/03/2016

  • O director do Igape, Javier Aguilera, reuniuse cos impulsores desta empresa que xa ten embarcado, desde a súa posta en marcha, a 15.000 pasaxeiros en cruceiros
  • A empresa dispón de oficinas en Galicia, Barcelona, porto que lidera o mercado europeo de cruceiros, e Francia
  • Miramar Cruises impulsou ademais o proxecto tecnolóxico Nudoss.com, a primeira rede social de cruceiros de Europa, seleccionado para a segunda edición do programa Galicia Open Future, impulsado conxuntamente pola Xunta e Telefónica
  • Aguilera salienta que a Consellería de Economía, Emprego e Industria activou este ano programas de axuda dotados con máis de 30 millóns de euros e que acaba de ampliar o presuposto para o programa de préstamos Jeremie

Lugo, 11 de marzo de 2016.- O director do Igape, Javier Agui …

A Xunta sitúa o fito acadado por Innopharma como a demostración de que a colaboración público-privada é clave para a competitividade de Galicia

10/03/2016

  • O equipo dirixido por Ángel Carracedo e Mabel Loza logrou aliarse coa farmacéutica GSK para desenvolver novos anticanceríxenos dos que a propiedade intelectual quedará en Galicia
  • O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, destaca o valor das iniciativas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para atraer capital privado á I+D+I galega coa perspectiva clara de obter retornos económicos para Galicia en forma de postos de traballo e riqueza
  • Salienta que das 19 unidades mixtas apoiadas ata o de agora pola Xunta, tres están mobilizando máis de 7 millóns de euros no ámbito farmacolóxico e da saúde

Santiago, 10 de marzo de 2016.- O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, asegurou hoxe que o fito acadado pola plataforma Innopha …

1 145 146 147 148 150 151 152 153 199