Novas

Alfonso Rueda e Francisco Conde visitan o Centro de Investigación Forestal de Lourizán

21/04/2016

Santiago, 21 de abril de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta tarde o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, onde coñeceron de primeira man a labor que se leva a cabo no centro pontevedrés.

O audio coas declaracións do vicepresidente da Xunta, e a galería fotográfica da visita, están dispoñibles nesta ligazón

Conde afirma que os vehículos non tripulados que se fabricarán no polo de Rozas levarán o nome de Lugo e de Galicia por todo o mundo

20/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou no coloquio “O Polo Tecnolóxico e Industrial de Avións non tripulados de Rozas: o seu efecto dinamizador na economía de Lugo”, organizado polo diario El Progreso
  • Resalta o atractivo que a provincia gañará para atraer a novas pemes e multinacionais do sector, o que elevará o impacto inicial de 600 empregos
  • Subliña o CIAR de Rozas como vantaxe clave fronte a outras rexións para que Galicia se faga con parte dun mercado de 67.000 millóns de euros, ao permitir ensaiar, certificar e homologar novos prototipos
  • Defende que a provincia se converterá na sede do que está chamado a ser un dos grandes piares da industria galega
  • Destaca o compromiso a longo prazo tanto de Inaer como de Indra con Lugo, garantindo unha pe …

A Xunta destaca a colaboración público-privada no polo de Rozas como clave para obter tecnoloxías que melloren os servizos públicos galegos

19/04/2016

  • O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, participou en Madrid no Drone Industry Summit, que reuniu aos principais axentes do sector dos avións non tripulados
  • Resalta a aposta conxunta do Goberno galego para, xunto a Indra e Inaer, mobilizar 115 millóns no polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados galego
  • Subliña que a Xunta poderá facer un uso gratuíto das tecnoloxías que se desenvolvan, en eidos como a prevención e extinción de incendios, o salvamento marítimo, o control do furtivismo ou a xestión de emerxencias

Madrid, 19 de abril de 2016.- O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), destacou hoxe a colaboración público-privada no polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, que terá o seu centro neurálxico en Roz …

Conde subliña que a Unidade Mixta Cigat contribuirá a modernizar sectores estratéxicos vinculados á auga e a reducir riscos ambientais

15/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na presentación do Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamentos de Auga impulsado por Viaqua e o centro tecnolóxico Cetaqua dentro do programa de innovación da Xunta de Galicia
  • Lembra que a través das Unidades Mixtas grandes multinacionais, como neste caso Agbar e Suez, apostan por Galicia para desenvolver as súas liñas de I+D+I
  • O centro, que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros de investimento público-privado, contratará 6 profesionais altamente cualificados
  • A iniciativa está aliñada cos retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que ten entre as súas prioridades o aproveitamento innovador dos recursos naturais e un novo modelo industrial que mellore a com …

A Estratexia da Xunta de impulso á biotecnoloxía prevé un investimento mobilizado de 200 millóns de euros para facer de Galicia un referente no sector

14/04/2016

  • Feijóo afirma que a Estratexia ten como fin que se creen 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadar unha facturación de 300 millóns de euros e que se xeren 300 novos empregos cualificados
  • Apunta que a Estratexia prioriza tres áreas: o aproveitamento dos recursos nos que somos unha potencia para a obtención de alimentos antienvellecemento ou a xestión sustentable dos recursos marítimos; facer máis competitiva a industria tradicional a través da innovación, aplicándoa ao sector lácteo ou á xestión sanitaria da industria animal; e valorizar o coñecemento en áreas de fortaleza competitiva, empregando as novas tecnoloxías para a medicina personalizada, a innovación aberta no descubrimento de fármacos e as tecnoloxías facilitadoras
  • Destaca que o obxectivo é facer de Ga …

Conde salienta que o proxecto de Rozas fortalecerá o tecido industrial galego e xerará novas oportunidades de emprego

12/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria subliña que o proxecto de avións non tripulados de uso civil está chamado a modernizar e diversificar o tecido produtivo, xerando 600 postos de traballo
  • Lembra que Indra e Inaer investirán 75 millóns no proxecto, que se suman aos 40 que aporta a Xunta para acadar un total de 115 millóns de investimentos
  • Destaca que o proxecto permitirá deseñar, fabricar, certificar e comercializar as tecnoloxías e produtos, situando en Galicia toda a cadea de valor con fábricas, mantemento, unidades de formación e incubadora de empresas
  • Sinala que a iniciativa responderá ao 100% dos retos plantexados pola Xunta para a mellora de servizos públicos: loita contra o furtivismo, prevención de incendios, salvamento marítimo, ou o control da p …

Conde subliña na Coruña a aposta da multinacional Everis por innovar en Galicia e polo talento dos traballadores galegos

11/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na inauguración da ampliación das instalacións da compañía no edificio Torre de Cristal, que lle permiten duplicar as súas capacidades en Galicia
  • Esta liña de investimento na comunidade xa levou a empresa a sumar máis de 60 traballadores no último ano, e prevé incorporar neste 2016 outras 30 persoas, chegando así aos 230 empregos en Galicia
  • Resalta a colaboración da Xunta con esta firma no eido da innovación, destacando a unidade mixta en eHealth que Everis ten en marcha xunto con Gradiant e coa colaboración da Fundación Ramón Domínguez
  • Destaca a importante achega da compañía no marco da compra pública innovadora, así como a oportunidade que pode supoñer para Everis neste eido o proceso que se desenvol …

Feijóo destaca que nas vindeiras semanas se presentará a Estratexia de apoio á Biotecnoloxía

07/04/2016

  • Sinala que contará con tres eixos: o apoio á investigación, á transferencia de tecnoloxía e á creación de empresas; a capacitación e consolidación empresarial; e a dinamización sectorial a través de mecanismos de compra pública innovadora
  • “Temos unha estratexia para a innovación con carácter xeral, temos aprobado o Plan de desenvolvemento rural no ámbito do sector primario forestal, con 1.200 millóns de euros ata 2020 e agora temos que iniciar a estratexia do sector da biotecnoloxía” asevera

Pontevedra, 7 de abril de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta tarde que nas vindeiras semanas se presentará a Estratexia de apoio á biotecnoloxía, que contará con tres grandes eixos: o apoio á investigación, á transferencia de t …

Conde salienta o novo centro de I+D+i da bergondesa Genesal Energy como exemplo da innovación industrial pola que están a apostar as pemes galegas

06/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visitou as instalacións do Centro Tecnolóxico de Enerxía Distribuída posto en marcha pola empresa para canalizar o seu investimento innovador e mellorar a competitividade
  • A compañía é líder no sector dos grupos electróxenos en toda España, “facendo do desenvolvemento tecnolóxico o seu elemento diferenciador” para contar con clientes como a Central Nuclear de Cofrentes, o aeroporto da Coruña ou o Hospital Álvaro Cunqueiro
  • Subliña a “vocación internacionalizadora da empresa” sostida sobre o seu pulo innovador, exportando o 65% da súa produción a máis de 30 países de 4 continentes e sumando así ao récord exportador que está a experimentar Galicia

Bergondo (A Coruña), 6 de abril de 2016.- O conselleiro de Eco …

Conde avanza co sector bio no deseño da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía de cara a consolidar un “polo de atracción de investimentos e talento”

04/04/2016

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nun obradoiro con investigadores, empresarios, universidades, emprendedores e representantes de asociacións e centros tecnolóxicos para ultimar a folla de ruta do sector
  • Destaca que a Estratexia busca “incrementar o número de empresas de biotecnoloxía en Galicia e, polo tanto, o emprego cualificado dependente delas”
  • Adianta que o documento baseará o futuro do sector en 3 eixos estratéxicos: a investigación, transferencia de tecnoloxía e creación de empresas; a capacitación e consolidación empresarial; e a dinamización sectorial a través de mecanismos de compra pública innovadora
  • Subliña que o Goberno galego busca “posicionar a Galicia como un referente internacional biotecnolóxico, non só maximizando ...
1 144 145 146 147 149 150 151 152 199